21.11.2018. Os xulgados de Vigo acumularon durante os primeiros seis meses do ano 17.027 asuntos en trámite. Unha cifra récord e a máis alta dos últimos 20 anos, que supera nun 70% os asuntos sen resolver de xuño de 2016 e supón un aumento do 27% dende inicios de ano. Os asuntos en trámite son aqueles casos sen resolver e nos que non se executou a súa sentenza. Entre o 7 de febreiro e o 8 de maio, a actividade dos xulgados de Vigo viuse impactada pola folga de funcionarios de xustiza que tivo lugar en toda Galicia.
En 2017, a media de asuntos en trámite en Vigo (420 por xulgado) atopábase por debaixo da media galega e española, con 509 e 572 respectivamente.
“Hai profesionais que temos asuntos en trámite dende os anos 80. As execucións de resolucións teñen uns tempos que poden extenderse ata o infinito. Si, por exemplo, na primeira saída dun embargo este non se pode producir porque o embargado non está no seu domicilio, este non volverá a repetirse de novo ata 20 días máis tarde”, explica Jesús González-Puelles, exdecano do Colexio e membro da súa actual xunta de goberno. O colectivo vigués propulsa a proposta do Consello Xeral de Procuradores para incluir na figura de procurador as funcións do axente executor e axilizar así cos seus máis de 150 profesionais as execucións de embargos na cidade.
Da web do ICPV